
Manuel Uhía
Socio nº 67
Natural de Portonovo (Pontevedra)
Pintor - Ilustrador, e escritor de literatura infantil.
Guionista e director de 10 documentais de tema submarino para TV.
Estudei pintura na Real Academia de San Fernando e no Círculo de Belas Artes en Madrid, onde colaborei como ilustrador en editoriais, actividade que sempre compartín coa pintura.
Ilustrei cerca de 200 libros e publiquei 11 contos.
Obtiven os premios:
Como pintor veño figurando en exposicións de varias cidades da Península, e participei en bienais e mostras colectivas de pintura e ilustración en Francia, Boloña, Frankfurt, Arxentina e México.
A miña traxectoria artística foi recoñecida en 1983 con mencións especiais no Salon d'Automne, en Avignon e Evian (Francia).
Últimamente estou centrado na miña produción pictórica de estilo abstracto e de gran formato, coa que experimento distintas técnicas.

Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.