
Concha Blanco naceu na fermosa vila de Lires, estudou alí na escola, onde comezou a súa biblioteca cun agasallo da súa mestra; logo continuou a súa formación en Ferrol e Compostela.
Profesora de Lingua Galega e Literatura (xubilada) e tamén escritora.
É coordinadora e coautora de varios libros de texto de Primaria e de Secundaria e das correspondentes "Guías Didácticas".
Foi correspondente de prensa varios anos e colaboradora, co seu alumnado, en programas de radio.
Impartiu e coordinou cursos de Lingua Galega, proxectos de Formación do Profesorado, Xornadas de N. L. e obradoiros literarios.
Publicou máis de 50 títulos de narrativa, poesía e teatro, a maioría dirixidos ao mundo infantil e xuvenil, entre os que a autora mencionou:
A vaca titiriteira
A camioneta da media risa.
A disco ecoloxista
Boris e compañía
A bruxiña da sorte
Quero que veñan meus pais
Cos ollos do avó
Tamén conta con 5 novelas para adultos:
Nano
Berta
Habitación 202
Coa carauta posta
O balcón do meu universo
Foi premiada en diversos certames de narrativa e poesía: Premio Lecturas, Premio Novela por entregas La Voz de Galicia, Premio Frei Sarmiento en dúas ocasións, Premio Arume de poesía, Premio Pura e Dora Vázquez, Anduriña voandeira e finalista do Premio Lazarillo, Frei Martín Sarmiento en varias ocasión e en varias ocasións tamén finalista do Premio Merlín, entre outros.
No ano 2021 o Concello de Cee dedicoulle unha praza e Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) decidiu dedicarlle a ela o distintivo « Escritores na súa terra » do ano 2021. Na homenaxe conxunta á autora descubriuse un monólito conmemorativo e plantouse un pradairo, árbore escollida pola homenaxeada polo significado especial que para ela ten.

Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.