Xornadas GÁLIX – Imaxinar coa arte a través do álbum ilustrado

O vindeiro sábado, 24 de outubro, celebraremos as Xornadas GÁLIX, Imaxinar coa arte a través do álbum ilustrado no CFR da Coruña. Este proxecto recibiu unha axuda do Ministerio de Cultura e Deporte, celébrase co apoio de IBBY España, o CFR da Coruña e o aporte de material por parte de Librería Seijas.

A actividade ten como obxectivo explorar as posibilidades do álbum ilustrado a través da lectura visual e da mediación lectora grazas ás nosas socias e socios Luz Beloso, Rena Ortega, Víctor Rivas, Iván R. e Sonia Hermida. Experimentaremos con diferentes materiais e técnicas que favorezan a creación artística nas aulas e deseñaremos propostas baseadas no álbum ilustrado con Escola Imaxinada.

Realizarase en sesión de maña e tarde:

Mañá
10:00 Benvida
10:05 Faladorio Dentro da Imaxe; como se constrúe unha historia con
Luz Beloso, Rena Ortega, Víctor Rivas e Iván R.
11:00 Obradoiros con Luz Beloso, Rena Ortega, Víctor Rivas e Iván R.
12:30 Charla interactiva Ler imaxes, tecer lecturas con Sonia Hermida
Tarde
16:00 Charla A aula como laboratorio artístico con Escola Imaxinada
17:00 Obradoiro práctico con Escola Imaxinada
19:50 Peche da xornada

 

A xornada contará con 30 prazas reservadas para docentes con certificado de participación expedido polo CFR da Coruña e con 20 prazas de libre acceso para socias e socios de GÁLIX, con certificado de participación emitido por GÁLIX.

Coa organización deste evento, GÁLIX pretende achegar o labor da ilustración e a súa vinculación co eido escolar e facer partícipe ao profesorado de técnicas, materiais, procesos creativos e de mediación, dende o álbum ilustrado.

 

 

Deseño do cartel: Andrea García Martínez

Maquetación: María Montes