Cuestionario Lamote – Rena Ortega

Rena Ortega; ilustradora e socia número 442 de GÁLIX, responde ao Cuestionario Lamote.

 

Cal foi o motivo que te levou a asociarte a GÁLIX e apoiar este proxecto?

Impulsar a miña visibilidade en Galicia e ter unha rede de apoio relacionada coa ilustración e a publicación de libros.

Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?

O meu editor, Victor Mascato, de Cumio Editora y Triqueta Editora.

Que libro marcou a túa infancia e a túa mocidade?

Los miedos, de Ricardo Alcántara.

Dinos un libro de literatura infantil ou xuvenil que consideres imprescindible

El viento en los sauces, de Kenneth Grahame.

Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificada/o?

Blanca Millán e Ledicia Costas

A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños?

Nuria Díaz.

Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego

A maior fortaleza é que hai poucos libros no mercado e todo o que se fai é novo, hai moito camiño por percorrer e moitas vías por explorar. A maior debilidade é a pouca visibilidade

Dende que te vinculaches á LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución?

Libros diferentes, moi ben editados, con temáticas interesantes, pero especialmente, edicións moi boas en canto a contido e continente.

Cal consideras que é o grado de coñecemento e respecto pola LIX galega?

Pouca fóra de Galicia. Destacan máis os libros moi comerciais ou editados na propia comunidade autónoma.

Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia

Mais presentacións, sinaturas e contacontos de libros editados en Galicia noutras librarias ou centros fóra de Galicia, para dar a coñecer a importancia e o ben que se fan as cousas aquí. Moitos autores e ilustradores non teñen relevancia fóra do territorio galego porque non chegan as súas obras ou as súas voces ata aí.

 

Moitas grazas, Rena e benvida a GÁLIX!