Cuestionario Lamote – Álvaro Domínguez

Álvaro Domínguez; profesor de Xeografía e Historia, escritor e socio número 441 de GÁLIX, responde ao Cuestionario Lamote.

 

Cal foi o motivo que te levou a asociarte a GÁLIX e apoiar este proxecto?

Publicar unha novela de literatura xuvenil en galego.

Que ou quen che axudou a achegarte á LIX galega?

Outras autoras.

Que libro marcou a túa infancia e a túa mocidade?

Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas.

Dinos un libro de literatura infantil ou xuvenil que consideres imprescindible

22 segundos de Eva Mejuto.

Con que personaxe da nosa LIX te sentes máis identificada/o?

Xavier Louzao, o protagonista de Cartas de inverno de Agustín Fernández Paz, que tamén é escritor e volve a Galicia logo de moito tempo vivindo no estranxeiro.

A que ilustradora ou ilustrador galego escollerías para poñer imaxes aos teus soños?

Antonio Seijas.

Sinala a maior fortaleza e a maior debilidade do libro infantil e xuvenil galego

A maior fortaleza é a fonte inmensa de imaxinación dos seus autores e autoras. A maior debilidade é a mesma que a LIX en calquera outra lingua, a falsa noción de que o público adulto non é quen de desfrutar da súa lectura.

Dende que te vinculaches á LIXG ata a actualidade, que cambios destacarías na súa evolución?

Acabo de vincularme, polo que non me considero apto para facer valoracións dese tipo.

Cal consideras que é o grado de coñecemento e respecto pola LIX galega?

Sempre é posible ampliar horizontes e chegar a novos espazos.

Apunta un par de iniciativas necesarias para promover a lectura de libros infantís e xuvenís galegos e para conseguir unha maior proxección fóra de Galicia

As traducións a outras linguas sempre é unha maneira eficaz de achegar a nosa literatura fóra das nosas fronteiras.

 

Moitas grazas, Álvaro e benvido a GÁLIX!