Guía de literatura infantil e xuvenil non discriminatoria. (2004)

Guía elaborada por un equipo de GALIX por encargo da Secretaría Xeral da Igualdade, a través do Seminario Permanente de Educación para a Igualdade. Nesta guía recóllense títulos da literatura en galego destinadas aos nenos e as nenas de entre 0 e 18 anos, nas que se recolle o valor da igualdade e se racha cos estereotipos sexistas. Publicada polo Servizo Galego de Igualdade (SGI)