Libros infantís e xuvenís de Galicia (2021)

A publicación recolle os títulos de libros dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano 2020 que reflicten a diversidade, a creatividade, a gran produción e a permanente renovación formal e estética do sector. A ilustración de portada deste ano é da autoría de Noemí López Váquez. Editado por Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Turismo.