Libros infantís e xuvenís de Galicia (2012)

A publicación recolle os títulos de libros dirixidos ao lectorado infantil e xuvenil publicados en Galicia no ano 2011 que reflicten a diversidade, a creatividade, a gran produción e a permanente renovación formal e estética do sector. A ilustración de portada deste ano é da autoría de Noemí López (do libro Cos ollos na lúa, da Editorial Everest). Editado por Xunta de Galicia. Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.