GÁLIX, a casa do libro infantil e xuvenil galego
Traballamos para dar visibilidade á literatura infantil e xuvenil galegas e fomentar o hábito lector entre as novas xeracións
Facemos medrar a lectura en galego
A asociación galega do libro infantil e xuvenil
GÁLIX é a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, unha entidade sen ánimo de lucro creada en 1989 para apoiar, promover e difundir a literatura dirixida á infancia e á mocidade en lingua galega. Desde entón traballamos para fortalecer o ecosistema do libro galego, favorecendo a colaboración entre quen crea, edita, investiga e fomenta a lectura.
A nosa misión é facer que as novas xeracións medren rodeadas de historias en galego e que o traballo das persoas e entidades que dan vida á LIX teña o recoñecemento que merece.
Como sección galega da OEPLI e do IBBY, GÁLIX representa a Galicia en proxectos e feiras internacionais, participando en redes que visibilizan a creación literaria galega dentro e fóra do país. Ao mesmo tempo, impulsamos actividades formativas, iniciativas de divulgación e recoñecementos que manteñen viva a paixón pola lectura e pola lingua.

As funcións de GÁLIX
Defender e promover a cultura e a lingua galegas
- Defender e promover a cultura e a lingua galegas a través da literatura infantil e xuvenil.
- Recoller, promover, programar e executar iniciativas que tendan á promoción do libro infantil e xuvenil.
- Prestar asesoramento e cooperación ás entidades ou persoas, administración e sectores interesados nestes fins, tanto dentro coma fóra de Galicia.
- Asumir a representacion galega nas organizacións estatais ou internacionais, con todas as responsabilidades e obrigas que isto comporte.
- Establecer coas entidades públicas e privadas os convenios precisos para un mellor cumprimento dos seus fins.

Queres formar parte da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil?
Descubre como asociarte e colaborar con GÁLIX