O mes pasado dabamos a coñecer as obras e persoas finalistas da Gala do Libro Galego 2020 . Este sábado, coincidindo coa data da gran gala do ano pasado no Teatro Principal de Santiago de Compostela na GÁLIX estivo presente, o xurado desta quinta edición deu a coñecer as obras e autoras gañadoras.
A relación completa pode consultarse na páxina da Asociación Galega de Editoras .
Neste blog queremos facer mención dos premios relacionados co libro infantil e xuvenil.
- Divulgación:
A que cheiran as cores?A esperada guía para coñecer o cerebro , de Juan Casto Rivadulla Fernández (Editorial Galaxia)
- Infantil:
A tartaruga Amodovou , de Paula Carballeira (Oqueleo)
- Xuvenil:
Os corpos invisibles , de Emma Pedreira (Edicións Xerais de Galicia)
- Libro ilustrado:
Irmá paxaro , de Tamara Andrés , ilustracións de María Montes (Cuarto de Inverno)
- Libro de banda deseñada:
O acto de entrega queda adiado para o outono xa que non pode celebrarse na data prevista pola situación causada polo COVID19.








