
CARLOS LABRAÑA DRAMATURGO E SOCIO Nº 190 DE GÁLIX
Dramaturgo especializado no teatro para nenas e nenos. Acadou numerosos premios nese eido, como o Xeración Nós, o Estornela ou O Facho, con obras que se representan de maneira habitual nos colexios.
As súas últimas pezas amosan un xiro cara a temas mais sociais e reivindicativos, como son:
Participa activamente en diferentes asociacións para a promoción e difusión do teatro infantil galego e dirixe a compañía teatral Os Furabolos, onde se representan as súas pezas.
Nas respostas ao noso Cuestionario Lamote afirma, entre outras cousas:
...son poucos os autores e as autoras que teñen vida fóra do sistema educativo, polo que fai falla unha maior presencia nos medios de comunicación e un maior apoio das institucións.
Considera que a nosa LIX medrou moito e propón:
Agora o que toca é manter o conseguido, e explorar novos camiños tendo en conta a importancia das redes dixitais na sociedade.

Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.