
Paula Carballeira, nacida en Maniños (Fene. A Coruña), aínda que despois de licenciarse en Filoloxía na Universidade de Compostela, quedou a vivir nesas terras.
Narradora oral profesional desde 1994, actriz e escritora. Muller de teatro. Tivo a sorte de ser convidada aos principais festivais de narración oral nacionais e internacionais (Portugal, Polonia, Francia, Cabo Verde, Colombia, Perú, Ecuador, México, Costa Rica...). Ademais, mantén actividades regulares en bibliotecas e centros de ensino.
Como actriz, é membro da compañía Berrobambán e participou en varias series e programas da Televisión de Galicia. Como directora de teatro, levou adiante producións infantís tanto na súa compañía como no Centro Dramático Galego ou noutras compañías.
Como autora, ten máis de trinta títulos publicados, tanto de narrativa, como de poesía ou teatro, moitos deles traducidos a varias linguas: portugués, inglés, italiano, coreano, catalán, éuscaro..., algúns deles premiados e a maioría pensados tamén para a infancia e a xuventude.
É autora dunha chea de libros entre os que destacamos:
Teatro:
Narrativa:
Poesía:
No ano 2021, a proposta de GÁLIX, Paula Carballeira foi nominada ao prestixioso Premio Memorial Astrid Lindgren (ALMA ) , outorgado anualmente polo goberno sueco para distinguir o traballo dos diversos actores que conforman o mundo do libro infantil e xuvenil e que pode recaer tanto nunha organización coma nun persoa individual. A candidatura é un recoñecemento á carreira desta muller polifacética que prestixia a cultura e a lingua galega e amosa a calidade da nosa literatura dentro e fóra do país.
Como socia de GÁLIX aceptou participar nesta sección e darnos a súa opinión sobre as diversas cuestións que lle formulamos no


Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.