A Xanela de GÁLIX. Xosé A. Perozo

Xosé Antonio Perozo Ruiz naceu en Llerena (Extremadura) en 1951. É escritor, xornalista e editor.

Dende que fixou a súa residencia en Galicia, alá polos anos setenta, distinguiuse pola súa militancia no uso do galego e o seu labor a prol da cultura galega na prensa.

Colaborou con medios de comunicación escritos ( El Pueblo Gallego , La Voz de Galicia , Faro de Vigo , Galicia Hoxe , Xornal de Galicia , El Correo Gallego , La Región , El Paí s) e audiovisuais (TVG, La Voz de Vigo, Radio Galega, Cadena SER).

Destaca o seu labor como comentarista e articulista de actualidade cultural e política.

Foi Director da Enciclopedia Galega Universal. Deseñou e dirixiu a promoción de “Compostela 93”, do “Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España” e de “Compostela Cidade Europea da Cultura do 2000”, entre outros eventos.

Presidente da OEPLI (Organización Española para o Libro Infantil) entre 2017 e 2020

Na actualidade, e dende 2015, é o presidente de GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).

Como escritor ten publicados unha chea de títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, entre os que destacamos:

En literatura infantil:

  • O enigma de Embívicus (Sotelo Blanco, 1993- Galaxia, 2018)
  • Contos máxicos (Bruño, 1995),
  • Claudina volveu(Obradoiro 1998)
  • Nada no país dos números(Ir Indo 2001)
  • O vento de Antón (Xerais 2004)
  • Unha mensaxe para Sara (Sotelo Blanco 2007)
  • Noite de Reis en Calpancalá (Everest, 2007)
  • Vanesa non quere ser princesa (Auga Editora 2017)
  • Telma, Leire o os coellos sabios (Auga Editora 2017)
  • Don Cazapalabras (Auga Editora, 2021)

Novelas xuvenís:

  • Caderno de Riparia (Xerais 2004)
  • Amor Amargo (Auga Editora 2019)
  • Contigo na nube(Auga Editora 2020)

Libros de divulgación:

  • Quen é quen no primeiro Parlamento Galego
    (Xerais, 1981)
  • Celso Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas
    (Akal, 1981)