Todas as persoas interesadas están convidadas a asistir ás Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia XI. A banda deseñada como ferramenta necesaria no ensino que se celebrarán no local do CAFI, en Santiago de Compostela (Lamas de Abade s/n) os días 10, 15 e 25 de maio, en horario de 17:00 a 21:00.
Esta é unha actividade formativa organizada por GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, sección da OEPLI correspondente ao ámbito galego) con axuda do Ministerio de Cultura e Deporte.
O CAFI (Centro Autonómico de Formación e Innovación) certificará 9 horas de formación ao profesorado que participe e que pode inscribirse a través da plataforma FPROFE co código G2203020.
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.