Paula Carballeira dedícase profesionalmente á narración oral e ao teatro, coa compañía Berrobambán, dende hai máis de
vinte anos.
Como escritora ten unha longa traxectoria na que cultiva todos os xéneros e leva publicados numerosos libros, de teatro, narrativa e poesía dirixidos principalmente ao lectorado infantil e xuvenil.
En 2020 escribiu para GÁLIX o manifesto do Día Mundial do Teatro.
Dende a súa posición de autora de obras traducidas a diversos idiomas aporta a súa visión sobre o libro infantil e xuvenil traducido, como parte das Xornadas GÁLIX. Desfacendo a Raia VI (ver vídeos).
Para proporcionarlle as mellores experiencias, utilizamos tecnoloxías como cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento a estas tecnoloxías permitiranos procesar datos tales como o comportamento de navegación ou identificacións únicas neste sitio. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente certos recursos e funcións.