Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz

A profesora e estritora ceense Concha Blanco, unha das primeiras autoras de materiais didácticos para o ensino do galego, rescata Trece anos de Branca de Agustín Fernández Paz publicado por Rodeira-Edebé na colección Periscopio en 1994.

O autor chairego, un dos máis queridos, prolíficos e premiados da nosa literatura, presenta neste libro un retrato sensible e verosímil da vida e as incertezas da adolescencia.